publicidade hoxe

Medio centenar de rapaces de Frades e os seus pais desfrutaron da Festa de Nadal con Papá Noel e Peppa Pig

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+
Festa de Nadal en Frades

Festa de Nadal en Frades

Máis de corenta nenos e nenas de Frades, acompañados por unha trintena de pais e nais, participaron esta mañá nunha gran Festa de Nadal celebrada no mutiúsos fradense. Unha festa na que os pequenos recibiron a visita de Papá Noel, que acodeu acompañado de Peppa Pig.

A festa extendeuse entre as 11:00 e as 13:30 horas de hoxe. Incluíu xogos, animación, música e un obradoiro de globoflexia. Ademais, todos os presentes aproveitaron para lembrarlle a Papá Noel as súas peticións de cara as festas do Nadal e recibiron todos un surtido variado de lambonadas. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, asistiu á Festa de Nadal e ao sorteo dunha cesta de Nadal por parte da ANPA do CPI de Ponte Carreira.

Xuvenlugo

O programa de Nadal do Concello de Frades completarase cunha excursión a Xuvenlugo, que terá lugar o vindeiro martes 30 de decembro e para a que é preciso inscribirse no Concello ou no 981 695 567 antes deste venres 26 de decembro. O prezo é de 5 euros para empadroados (8 euros non empadroados) e inclúe a entrada xenérica ao recinto.

Xa co ano novo, o 2 de xaneiro terá lugar o espectáculo de maxia “Acción”, a cargo do Mago Dani. Será ás 11:00 no multiúsos e, ao rematar, terá lugar unha chocolatada por cortesía da ANPA do CPI Ponte Carreira. E o domingo 4 de xaneiro terá lugar a segunda Cabalgata de Reis do Concello de Frades que, tras o éxito acadado na súa estrea este ano, repetirá programación cun desfile polo centro urbano de Ponte Carreira (16:00 horas) e unha gran festa no pavillón municipal (17:00 horas). Unha actividade que volverá contar coa colaboración do grupo Sarillo de Aiazo e da ANPA do CPI de Ponte Carreira.

23 de decembro de 2014 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.