publicidade hoxe

Medio Ambiente entrega ao Concello de Noia a rede de colectores xerais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNoia
A-
A+

O director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, entregoulle ao Concello de Noia a rede de colectores xerais, despois de que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas rematara as obras e realizar as probas de comprobación oportunas. A partir de agora será o Concello de Noia a administración responsable do mantemento e conservación desta infraestrutura hidráulica.

O director de Augas de Galicia visitou esta mañá esta actuación, nas que a Xunta de Galicia investiu preto de 4 millóns de euros e cuxas obras se levaron a cabo grazas a un acordo polo que se aproba a colaboración técnico-financeira da Xunta de Galicia e o Concello de Noia.

Mosqueira destacou que a finalidade deste proxecto era mellorar as condicións de funcionamento da rede de saneamento deste concello e propiciar o saneamento e depuración das verteduras, evitando que cheguen á ría de Noia.

O proxecto recollía a execución dun colector interceptor xeral que permite derivar todas as augas fecais á estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Noia e a implantación dunha rede de colectores de augas pluviais, que permite ao Concello contar cunha rede de saneamento separativa.

Esta infraestrutura tamén implicou a construción de máis de 8.000 metros de colectores, de pluviais e de fecais, máis de 2.000 metros de tubaxes de impulsión e a execución de cinco bombeos de nova planta e a construción de tres bombeos novos sobre outros existentes. Grazas a esta infraestrutura as augas en tempo seco derivarán cara á EDAR municipal.

Dende a Consellería de Medio Ambiente destácase que este tipo de colaboracións técnico financeiras, preténdese resolver problemas nas infraestruturas dos municipios galegos. Neste senso, proporciónanse melloras na calidade de vida dos cidadáns, fomentando o desenvolvemento económico e social dos concellos da comunidade galega.

11 de decembro de 2014 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.