publicidade hoxe

Magín Blanco presenta no CSC da Ramallosa as súas Cantigas da Estrela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioTeo
A-
A+

O Concello de Teo participa este ano do programa Nadal en Rede 2014 cun concerto de Magín Blanco este venres 2 de xaneiro no Centro Sociocultural da Ramallosa que comeza ás 18:00 horas. Nadal en Rede é un programa promovido pola Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia da que Teo forma parte.

Magín Blanco animará aos máis pequenos/as a seguir o ronsel das estrelas e da música en galego para gozar do Nadal cos temas máis coñecidos de Gatuxo e da A nena e o grilo, nun concerto moi especial que integra vilancicos inéditos do músico e compositor.

Neste concerto chamado Cantigas da estrela o música estará acompañado por María Faltri e Jorge Juncal. Esta actividade é con entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Agasallos solidarios

Por outra banda o Servizo Municipal de Emerxencias e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Teo en colaboración co Departamento de Benestar realizaron nas últimas semanas unha recollida de xoguetes para entregarlle ás familias con menores que o precisen.

Nestes días ultiman os paquetes que se entregarán a máis de 50 nenos/as de Teo para que todos/as os pequenos/as vivan con normalidade a máxica noite de Reis. Ademais do traballo do persoal de Protección Civil e dos Servizos Sociais esta iniciativa non sería unha realidade sen a solidariedade de toda a sociedade que responde positivamente ás chamadas deste tipo que se realizan dende o Concello.

30 de decembro de 2014 | 13:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.