publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Lete Lasa avoga en Sober polo fomento do deporte como medio de saúde e factor de equilibrio territorial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSober
A-
A+

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, trasladouse hoxe á localidade de Sober para coñecer o resultado da reforma da cuberta do pavillón de deportes do CEIP Virxe do Carme. Na súa visita estivo acompañado polo alcalde Luis Fernández Guitián.

A mellora desta instalación consistiu no acondicionamento da cuberta, unha actuación que se facía necesaria para dotar o pavillón das condicións axeitadas para a práctica deportiva tanto dos escolares do centro como dos veciños e visitantes en xeral. A reforma supuxo un investimento de 38.000 euros e foi posible grazas ao convenio asinado en xuño entre a Secretaría Xeral para o Deporte, que achegou 31.000 euros, e o Concello, que destinou 7.000 euros.

Lete Lasa manifestou a súa satisfacción por ter cumprido co compromiso que adquiriu na súa visita á localidade o pasado mes de marzo, lembrando que é obriga da Administración autonómica poñer todos os medios posibles ao seu alcance para mellorar as infraestruturas e os equipamentos deportivos da Comunidade autónoma, como ferramenta ao servizo do deporte galego e do fomento do exercicio físico en todos os sectores de poboación, ao longo do territorio do país.

Neste sentido, considerou que este tipo de actuacións forman parte da vontade e do deber da Xunta de Galicia de favorecer o equilibrio territorial, a calidade de vida e a igualdade de oportunidades de todos os galegos e galegas, tanto nos núcleos urbanos como rurais, costeiros ou de interior, e animou aos responsables do Concello de Sober a seguir impulsando a práctica deportiva especialmente desde o punto de vista da saúde e do benestar dos veciños, así como do potencial económico que o binomio deporte e turismo de natureza ofrece en localidades tan atractivas para tal fin como as pertencentes á Ribeira Sacra.

11 de decembro de 2014 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.