publicidade hoxe

Iván Alonso impúxose na I Lanzada Ocean Reace

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesO Grove
A-
A+
Saída da I Lanzada Ocean Race

Saída da I Lanzada Ocean Race

Iván Alonso impúxose na I Lanzada Ocean Reace que se disputou coa participación de 30 deportistas. O padexeiro do Kaiak Tudense superou en nove segundos ao portugués Artur Miguel Martins e máis dun minuto a Jesús Rodríguez León. Todos eles tomaron parte na modalidade de surfski, na que se utilizan as embarcacións habituais das regatas de pista aínda que adaptadas especialmente para competir no mar.

A saída resultou espectacular, con todos os deportistas na area da praia. Tras unha curta carreira a pé, tiveron que subirse aos seus barcos e iniciar a travesía. O primeiro tramo era complicado, debido á constancia das ondas que se atoparon.

Desde os primeiros metros formouse un grupo nos primeiros lugares da proba. Iván Alonso mantivo unha forte pugna co portugués Artur Miguel Martins que se resolveu no tramo final a favor do galego. En total foron quince quilómetros complicados debido á forte ondada nalgunhas zonas.

Nos barcos dobres impuxéronse Juan Manuel Gago e Jesús Dacosta. Segundos foron Carlos Bicada e José Manuel Piñeiro.

Na modalidade de SUP, o deportista vai de pé nunha táboa de surf, o triunfador foi Ramón Blanco, seguido por Pablo Codesido e Víctor Robleda. Na categoría feminina venceu María del Carmen Nieto.

Na I Lanzada Ocean Race participaron unha trintena de deportistas que desafiaron o intenso frío. Esta iniciativa contou co respaldo da Federación Galega de Piragüismo, Taratuga Surf, Nelo, RDD e o Concello do Grove.

8 de decembro de 2014 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.