publicidade hoxe

IV Torneo de balonmán base de Acanor Novás

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesO Rosal
A-
A+

Máis de 150 nenas e nenos de entre 6 e 16 anos, repartidos en 12 equipos, participarán no IV Torneo Do Nadal organizado pola base de Acanor Novás, co obxectivo de mostrar que a parte de balonmán hai unha educación en valores.

Unha das responsables do torneo, Aurora Lomba, apuntou que a ‘finalidade deste día é que os nenos se divirtan practicando este deporte’ e sinalando que ‘as portas están abertas de par en par para os que se decidan a probar o balonmán’.

Neste día, ademais de divertirse, para David Lechuga, técnico do Mobles Costa (infantil), ademais de divertirse ‘os nenos teñen que mostrar os valores deste deporte, que non son outros que o traballo en equipo, a superación persoal e o esforzo para chegar a ser os mellores. Ademais do xogo limpo, o respecto cara ao arbitro e os rivais’. Tamén agradece o labor que están a realizar un grupo de pais e o club ‘por potenciar a canteira e difundir o balonmán’.

No mesmo escenario que as tres edicións anteriores, o Municipal do Roseira, a organización espera un novo éxito de asistencia para o torneo que se disputará este sábado día 27, dende as 11:00. Neste clásico do Nadal co que o balonmán base pecha o ano, os participantes competirán na adquisición de valores e no desenvolvemento de recursos psicolóxicos que contribúan ao seu benestar persoal.

PARTIDOS

Durante 7 horas, xogaranse partidos en categorías benxamín, cría, infantil e cadete, do Acanor Novás, Mecalia Guardés e Balonmán Tui.

Durante as datas anteriores, e no propio día, estase a proceder á venda de rifas co obxectivo de financiar a canteira do club. Sortearanse 15 lotes, realizados a base de doazóns de pais e nais, e de empresas como De Curiosity Shop, Terras Gauda, Fisioterapia Altair Rodriguez Castro, Terras Gauda…

23 de decembro de 2014 | 10:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.