publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Intoxicado un home por un incendio na súa vivenda no concello da Rúa en Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA RúaOurensePortada dereitaSucesos
A-
A+

Un home resultou intoxicado por inhalación de fume nun incendio acontecido na mañá do mércores na súa vivenda no concello ourensá da Rúa.

Segundo informa o CAE 112 Galicia, os servizos sanitarios de urxencia trasladaron o Hospital de Valdeorras ao home tras arder unha porta na súa vivenda situada en Praza Fontei.

O lume declarouse arredor das 9,00 horas do mércores e ata o lugar desprazáronse, entre outros medios, Bombeiros de Valdeorras, Protección Civil e Urxencias Médicas.

25 de decembro de 2014 | 12:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.