publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ferida unha muller en Foz tras unha explosión de gas nunha cociña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFozLugoPortada dereitaSucesos
A-
A+

 Unha muller resultou ferida en Foz (Lugo) tras unha explosión de gas butano nunha cociña, que tivo lugar ao redor das 11,40 horas deste luns.

   Segundo informa o CAE 112 Galicia, a muller sufriu queimaduras como consecuencia desta explosión nunha vivenda unifamiliar situada no lugar da Espiñeira, en Foz.

   Segundo testemuñas presenciais, a deflagración produciuse cando se tentou acender a cociña. Pola súa banda, a explosión non deixou danos estruturais do edificio e só deixou desfeitas nunha xanela.

   Debido a que os servizos de emerxencias percibiron un forte cheiro a gas, o 112 Galicia avisou a persoal técnico da compañía subministradora de gas butano para facer unha revisión da instalación e a bombona.

   Até o lugar desprazáronse Bombeiros de Barreiros, GES de Cervo, Protección Civil de Foz, Policía Local e Garda Civil, así como Urxencias Médicas.

8 de decembro de 2014 | 13:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.