publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Falece unha muller nun accidente de tráfico en Toén

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurensePortada dereitaSucesosToén
A-
A+

Unha muller de 56 anos faleceu nun accidente de tráfico acontecido na estrada OU-0518 ao seu paso polo lugar Das airas-Moreira, en Toén (Ourense), tras saírse da vía e envorcar co seu turismo, segundo informaron o 061 e a Garda Civil de Tráfico.

O accidente produciuse arredor das 22,10 horas do mércores, 24 de decembro, e a única ocupante do turismo era a muller, M.M.G., veciña de Toén.

Ata alí desprazáronse dúas ambulancias asistenciais, así como persoal sanitario do PAC de Ourense, aínda que a muller faleceu no lugar de accidente, acontecido na estrada que une Valenzá con Moreiras.

Tamén foi necesaria a intervención de efectivos de Protección Civil de Barbadás, GES de Ribadavia e Protección Civil de Toén para liberar o corpo da muller que quedou atrapado no interior do automóbil, segundo sinala Emerxencias 112 Galicia.

Por outra parte, na xornada de Noiteboa houbo un peón ferido grave na cidade da Coruña tras ser atropelado na Rúa San Vicente, na esquina con Borrallón arredor das 20,00 horas, segundo informou o 112.

25 de decembro de 2014 | 12:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.