publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ethel Vázquez destaca que o reinicio das obras da autovía da Costa da Morte demostra a vontade da Xunta de que esta infraestrutura sexa realidade canto antes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaGaliciaPonteceso
A-
A+

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, salientou hoxe que o reinicio das obras da Autovía da Costa da Morte demostra a vontade da Xunta de que esta infraestrutura sexa unha realidade canto antes.

Así o manifestou durante a visita que esta mañá realizou á Fundación Eduardo Pondal, no municipio de Ponteceso, e na que puxo en valor o compromiso do Goberno galego con esta comarca.

Nas súas declaracións, a titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sinalou que nos últimos días comezaron os traballos preparatorios para o reinicio das obras e que hoxe mesmo se incorporaban ao terreo novas máquinas para avanzar no futuro enlace de Agualada, no concello de Coristanco. Isto permite constatar, resaltou, que se está a traballar para “darlle á Costa da Morte o que gran parte de Galicia xa ten: unha autovía que os conecte co resto de Galicia”.

Vázquez Mourelle manifestou que a Xunta fará todo o posible para que o principal treito da Autovía da Costa da Morte (entre Carballo e Baio cunha lonxitude de 27 quilómetros) se poña en servizo nesta lexislatura. Recordou que, tal e como xa se ten manifestado, coa priorización deste primeiro treito atenderase aos cinco municipios da traza (Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas e Vimianzo), servindo a 60.000 persoas.

Investimentos

A conselleira de Medio Ambiente destacou que a importancia que o departamento que dirixe lle outorga á Costa da Morte pode cuantificarse nos proxectos que apoia e desenvolve, como: a depuradora de Corme, cun orzamento de dous millóns de euros; a mellora do saneamento da avenida de Eduardo Pondal en Ponteceso e, no capítulo de estradas, a rotonda de Balarés.

Por último, salientou o compromiso da Xunta con outros proxectos que van ter continuidade ao longo do vindeiro exercicio, como a senda peonil entre Grilloi e Ponteceso, que se contratará en 2015; e a limpeza do río Anllóns, que tamén se executará o vindeiro ano.

9 de decembro de 2014 | 12:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.