publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Dúas mulleres e unha menor foron evacuados por intoxicación por monóxido de carbono en Cospeito

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeitoPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Tres mulleres dunha mesma familia, avoa; nai e filla, foron trasladas ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) afectadas por intoxicación por monóxido de carbono.

Segundo informou o 112, os feitos tiveron lugar nun domicilio situado na Avenida de Cospeito, no municipio do mesmo nome, sobre as 21,00 horas do xoves.

O particular que alertou ao CAE 112 Galicia asegurou que ao chegar á vivenda atopou as tres persoas tendidas no chan. Por iso, pasou aviso a Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Vilalba que, unha vez no lugar e feitas as correspondentes medicións, comprobaron que eran positivas.

Ao lugar, o 061 desprazou dúas ambulancias asistenciais e un médico do PAC da zona. Nunha delas, xunto co facultativo, foron levadas ao HULA a menor e a muller de 59 anos, mentres que na outra se trasladou á moza de 33 anos, segundo precisaron fontes sanitarias.

Os bombeiros indicaron que un quentador que había no domicilio puido ser a causa que provocou a intoxicación. O Centro de Atención ás Emerxencias tamén solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil.

12 de decembro de 2014 | 12:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.