publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Tres falecidos por accidentes de tráfico en Padrón e Viveiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPadrónPortada dereitaSucesosViveiro
A-
A+

Dúas persoas faleceron en Galicia nas primeiras horas da operación especial con motivo da ponte da Constitución, que se prolonga ata o luns, tamén día festivo.

   Concretamente, unha muller de 74 anos, I.B.C, faleceu nun sinistro na localidade coruñesa de Padrón, ao colisionar dous vehículos.

   O accidente tivo lugar ás 6,43 horas deste sábado, na N-550, á entrada da Picaraña.

   Ata o punto, o 061 enviou unha ambulancia asistencia, unha medicalizada e persoal sanitaria do Punto de Atención Continuada (PAC) de Padrón.

ACCIDENTE VIVEIRO

   Por outro lado, ao fío da media noite produciuse outro accidente, neste caso, na localidade lucense de Viveiro, en que faleceu un mozo de 23 anos, que responde á identidade de A.R.L., segundo informou o 061.

   O accidente, no que só se viu implicado un vehículo, tivo lugar en Magazos, no concello de Viveiro, ás 23,47 horas.

   Ata o punto, o 061 enviou unha ambulancia asistencial, unha medicalizada, e persoal sanitario do PAC de Viveiro.

6 de decembro de 2014 | 10:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.