publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Deteñen a unha muller na Rúa acusada de incendiar vehículos e inmobles

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA RúaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil de Ourense detivo unha muller de 52 anos da Rúa como presunta autora de varios delitos de incendio en vehículos e vivendas.

Segundo informou o Corpo, a muller, M.L.R.J., veciña de Fontei (A Rúa), foi detida pola Garda Civil no mediodía deste xoves.

Os axentes acúsana de varios delitos de danos por incendio en vehículos e inmobles que se viñan producindo na zona dende o 14 de decembro. No momento da súa detención, a muller foi sorprendida colocando unha pastilla para acender lume debaixo dun vehículo.

26 de decembro de 2014 | 10:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.