publicidade hoxe

Deputación e Concello de Meaño investirán 197.561,03 euros na mellora de acceso á Pousada de Outeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMeañoPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra e o Concello de Meaño investirán 197.561,03 euros ás obras de mellora do camiño de Outeiro, en Meaño, financiados ó 50%.

A achega da Deputación, que ascende a 98.780,81 euros, materializarase a través dunha subvención aprobada esta mañá pola Xunta de Goberno, no marco do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais.

As obras permitirán mellorar a circulación rodada e a seguridade para os peóns que transitan por este camiño, que tamén dá acceso á Pousada de Meaño.

Os traballos incluirán a construción dunha beirarrúa nunha das marxes, a regularización do pavimento, a dotación dunha nova capa de rodaxe e a sinalización viaria.

12 de decembro de 2014 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.