publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cores Tourís visita Mondariz para comprobar as obras de mellora da senda do río Tea danada polos últimos temporais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMondarizPontevedra
A-
A+
Cores Tourís en Modariz

Cores Tourís en Modariz

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o concello de Mondariz para comprobar a zona onde a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a reparar, a través da empresa Tragsa, os danos causados polos últimos temporais na senda fluvial do río Tea.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra estivo acompañado nesta visita polo alcalde do municipio, Julio Alén, e o xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, José Luis Díez, cos que percorreu a zona onde se están a executar estas obras que comezaron a pasada semana.

Recordou Cores Tourís que a execución desta senda levouse a cabo grazas a colaboración de Augas de Galicia co concello de Mondariz e co concello de Ponteareas, cun investimento de 668.000 euros.

“O río Tea, por cuxas marxes transcorre esta senda, foi incluído na Rede Natura 2000 como lugar de interese comunitario en 2004, e foi declarado zona de especial protección dos valores naturais ese mesmo ano. Deste xeito, tendo en conta o valor e interese natural, cultural e paisaxístico da zona, resulta necesario asegurar a súa conservación”, explicou Cores Tourís quen deixou claro que os traballos que se están a desenvolver nestes días permitirán recuperar unha zona desta senda que se viu seriamente afectada polos últimos temporais.

Deste xeito, recuperaranse 80 metros de valado e tarima de madeira, recuperando así esta ruta de sendeirismo e cicloturismo que supón unha alternativa de deporte, ocio e á vez un percorrido cultural e paisaxístico. “Este camiño serve para facilitar o acceso a zonas de interese etnográfico e zonas relevantes pola súa flora e fauna, distribuída nos distintos ecosistemas existentes ao longo da ribeira”, manifestou o delegado territorial.

En Mondariz estas actuacións consisten nunha senda de 3.440 metros de lonxitude con dúas pasarelas sobre o río Xabriña, para unir a senda co paseo actual de Troncoso, comezando na ponte romana de Cernadela no Ceao.

22 de decembro de 2014 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.