publicidade hoxe

Convenio de colaboración entre o Consorcio Conca do Lérez e o Concello de Cerdedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+

O Consorcio Local Conca do Lérez entende que, como actor esencial na xestión e posta en valor do seu territorio, ten que actuar na procura dunha maior concienciación e sensibilización da poboación local na protección, defensa e promoción dos espazos dun alto valor ambiental que a súa vez constitúen os espazos de maior vulnerabilidade e por eso deben de ser protexidos de xeito importante.

Á vista do establecido na Orde do 24 de novembro de 2014 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2015, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia (DOG nº 230 do 1 de decembro de 2014), e concienciado da problemática ambiental existente, está encamiñando todos os seus esforzos por un desenvolvemento sustentable. A estes efectos, considera necesario a través da citada subvención conseguir financiación para o funcionamiento do servicio ambiental posto en marcha nos concellos do consorcio.

Dito servizo efectúase a través dun convenio de colaboración entre o Consorcio Conca do Lérez e o Concello de Cerdedo mediante o cal, o citado consorcio financia a contratación dun técnico en medio ambiente, xa que ésta administración non pode contratar persoal.

Dito técnico realiza as súas funcións nos tres concellos consorciados, desprazándose a cada un deles segundo as necesidades do servizo.

Será a persoa responsable da posta en marcha e desarrollo da política medioambiental local. Desarrolla directamente, supervisa ou participa na elaboración de todo tipo de plans municipais en materia medioambiental (residuos, augas, educación ambiental…).

As sús función principais serían as seguintes:

– Elaboración de auditorías medioambientais municipais.

– Deseño e execución de Campañas de Sensibilizacíón Ambiental e Participación cidadá.

– Programas de educación ambiental.

– Elaboración de plans de xestión de residuos: establecer que residuos se xeneran nos municipios e cales son os cauces de recollida, para establecer se se realiza adecuadamente e cómo melloralo. Adaptar a xestión de residuos ás novas tecnoloxías e aos principios establecidos polos plans autonómicos de residuos.

– Elaboración de Programas de Prevención e Minimización de Residuos.

– Xestión de Puntos Limpos.

– Control e inspección de vertedoiros de RSU municipais.

– Xestión do saneamento municipal: supervisión do funcionamento dos equipos de depuración municipais; asesoramentona elaboración de plans de xestión integral de augas residuais.

– Vixilancia, control e asesoramento técnico sobre a calidade das augas, vertidos, calidade atmosférica, calidade dos solos incluíndo residuos urbanos e industriais (inertes tóxicos e perigosos), así como sobre outros tipos de contaminación medioambiental.

– Analizar ou interpretar os análisis efectuados por outros organismos a fin de controlar os factores contaminantes no que se refire a ruido, vertidos, residuos.

– Coordinación das actuacións ambientales municipais con outros organismos e administracións (incluidos os municipios integrantes do consorcio local Conca do Lérez).

– Colaboración na realización de evaluación de impacto ambiental de proxectos municipais.

– Tramitación e solicitude de subvencións destinadas a financiar actuacións medioambientais municipais.

– Tramitación de informes ambientais en expedientes de licenzas de obra e actividades.

– Asesoramentona elaboración de ordenanzas municipais en materia medio ambiental.

– Implantación de Sistemas de Información Xeográfica (SIX) para a elaboración de informes técnicos e memorias.

– Deseño de proxectos con actuacións no medio natural. Elaboración de proxectos para tramitación con fondos comunitarios.

– Asesoramento técnico na elaboración de proxectos para introducir criterios de sostebilidade.

– Implementación de indicadores ambientais a escala municipal para a adecuada evaluación da eficiencia e sostibilidade ambiental das políticas municipais.

– Manter actualizado un diagnóstico medioambiental da localidade propoñendo accións a realizar segundo a situación.

O custo aproximado que suporá o mantemento do servizo de medio ambiente por parte do Consorcio Local Conca do Lérez, ascende á cantidade de VINTE E SEIS MIL EUROS (26.000,00 €), que será a cantidade solicitada a través da subvención para que non teña repercusión nas arcas municipais o custe deste técnico.

23 de decembro de 2014 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.