publicidade hoxe

Cedeira programa no Auditorio a obra de teatro “La venganza de Don Mendo” e a actuación da rondalla Bohemios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Concello de Cedeira, a través da Concellería de Cultura, propón a veciños e visitantes teatro e música esta fin de semana. A primeira cita cultural celebraráse este venres, 12 de decembro, no Auditorio Municipal. Alí, o público poderá disfrutar da representación teatral “La venganza de Don Mendo”, a cargo da compañía Ultreia Teatro. A función inclúese no ciclo municipal de teatro afeccionado “Comediatrium”, que impulsa a Concellería de Cultura, e dará comezo ás 21 horas con entradas a 2,5 euros. A compañía regresa a Cedeira despois de representar, con grande éxito, “La dama boba”.

Nesta ocasión, ofrecerá ao público unha parodia dos dramas románticos e históricos que se sucedían no século XIX, no que aparecen aspectos comúns como a volta ao pasado medieval, a lenda, o amor, a intriga, os Castelos e o tráxico final dos personaxes. Tomará o relevo na programación cultural a recoñecida rondalla Bohemios. Tras a boa acollida do público cedeirés no pasado mes de febrero, regresa á vila este domingo, ás 21 horas, no Auditorio. Actuación incluída na Rede Cultural da Deputación e con entradas a 2,5 euros. A formación nace a finais de 1988 e, o 18 de marzo de 1989, fai o seu debut como Rondalla, na Noite das Pepitas.

En abril dese mesmo ano, e despois da boa acollida que o público lles depara, o grupo constitúese como formalmente como Agrupación Artística Ferrolana Bohemios. A música tradicional ferrolá é o inicio do grupo e, amplo, o número de escearios de toda Galicia polos que ten pasado e interpretado as súas cancións. Na actualidade, está composta por 22 voces masculinas distribuídas en tenores primeiros, tenores segundos, barítonos e baixos, e 14 instrumentos de corda: guitarras, guitarra baixa, laúdes, bandurrias e mandolinas.

10 de decembro de 2014 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.