publicidade hoxe

Cedeira dá a coñecer os beneficios das enerxías renovables no ámbito doméstico en GalEco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

A terceira edición de GalEco, a Galería aberta ao mundo das Enerxías Renovables, abrirá as súas portas este sábado ás 11 horas no Paseo da Marina, no treito que discurre entre as pontes vella e nova. E faráo para, segundo o alcalde, Luis Rubido, amosar a vecinos e visitantes os beneficios de recurrir ás fontes de enerxía renovables no seu día a día. Para iso, distintas firmas do sector darán a coñecer as solucións e tecnoloxía que teñen á súa disposición no ámbito doméstico.

Dende caldeiras de biomasa ata estufas de pellet, pasando por barbacoas ou sistemas de calefacción eficiente, placas solares… e aqueles recursos para poñelas en marcha. Unha ampla variedade de productos da man de firmas galegas como Quento ou Bionoroeste ou locais como InCedeira, adicada á instalación de solucións enerxéticas eficientes. A Fundación Axencia Enerxética da Provincia da Coruña tamén estará presente na cita que organiza o Concello de Cedeira a través da Concellería de Desenvolvemento Local. Será a través dun stand no que se facilitará información aos asistentes para adoptar, no ámbito doméstico, medidas tendentes a non só contribuír á conservación do medio senón tamén a aforrar en materia enerxética.

Así mesmo, a oferta complétase coa posibilidade de seguir talleres de creación de aeroxeneradores domésticos da man de Agrogandeiria construcción máquinas (Noncemento). Así, dende o Concello lémbrase que, nesta ocasión, a Feira celebraráse baixo carpa para evitar que a posibilidade de choiva merme a afluencia de público. GalEco convertiráse nesa galería aberta ás enerxías renovables por partida doble: sábado e domingo. E, os horarios de exposición, serán de 12 a 20 horas (sábado) e de 11 a 19 horas (domingo).

11 de decembro de 2014 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.