publicidade hoxe

Castrelo de Miño adheriuse ao programa Cidades Saudables

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo de Miño
A-
A+

O Concello de Castrelo de Miño adheriuse ao programa “Cidades Saudables”, co  obxectivo de mellorar a calidade de vida dos castrelominenses, desde hábitos de vida saudables. Así o vindeiro 11 de decembro ás 19:30 horas no Salón de Actos do Concello haberá unha presentación coa que se pora unha das primeiras pedras para a incorporación á Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde, a través do Ministerio de Sanidade e a Federación Española de Municipios e Provincias, que parte da proposta do equipo de goberno e co apoio unánime de tódolos grupos políticos da corporación municipal.

Para elo constituironse unha serie de mesas intersectoriais de coordinación “Cidades Saudables”, onde están representados sectores da educación, saúde, deportes, asociación, entre outras, co obxectivo de elaborar un mapa de recursos de mellora da saúde na localidade.

10 de decembro de 2014 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.