publicidade hoxe

Carral contará cun completo programa cultural no mes do Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

A Concellería de Cultura do Concello de Carral ven de presentar a súa programación para o mes de decembro, na que haberá un total de 16 actividades. O programa inclúe cine, exposicións, teatro, monólogos, concertos corais e obradoiros, entre outros.

O detalle do programa é o seguinte:

Ata o día 14

Exposición FOTOS PARA AS MIL HISTORIAS DE CARRAL. Centro Sociocultural de Quembre

Venres 12

Teatro cómico – clown: FELICIANO de Os sete magníficos máis un (espectáculo dos populares personaxes do Luar, o Gordo e o Calvo –Pedro Brandariz e Fran Rei-). Edificio Social Toñito Espiñeira, 21 h. Entrada de balde ata completar aforo. É unha actividade do programa Nadal en Rede da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Sábado 13

Tempo de Teatro: OTROS AMANTES de Charamusca Teatro, de Carral. Local Xente Nova de Tabeaio, 21 h. Entrada de balde.

Do 15 ao 7 de xaneiro

Exposición FOTOS PARA AS MIL HISTORIAS DE CARRAL. Centro Sociocultural de Cañás

Venres 19

Tarde musical entre libros: PARQUE PENTATÓN (conto musical didáctico para nenos e nenas maiores de 5 anos). Biblioteca Municipal (Casa da Cultura), 18 h.

Venres de monólogo: O TURISTA MADRILEÑO con Evaristo Calvo. Edificio Social Toñito Espiñeira, 21 h. Entrada de balde ata completar aforo.

Sábado 20

Tempo de Teatro: NUNCABUNGA de Elefante Elegante (teatro infantil). Local Xente Nova de Tabeaio, 18 h. Entrada de balde.

Luns 22

Obradoiro infantil de AGASALLOS DE NADAL: Biblioteca Municipal (Casa da Cultura), de 17:30 a 19:00 h. Para rapaces e rapazas maiores de 4 anos. Prazas limitadas. É necesario inscribirse previamente.

Cine: MALÉFICA (non recomendada menores de 7 anos). Casa da Cultura. 21 h.

Martes 23

Cine: COMO ENTRENAR TU DRAGÓN 2 (apta para todos os públicos). Casa da Cultura. 18 h. É necesario retirar previamente invitación de balde.

Cine: EL LOBO DE WALL STREET (non recomendada para menores de 16 anos). Casa da Cultura. 21 h.

Sábado 27

CONCERTO DE CORAIS: FESTIVAL DE NADAL, coas corais Carral, de Laxe e de Melide. Edificio Social Toñito Espiñeira, 20:00 h.

Luns 29

Cine: AVIONES. EQUIPO DE RESCATE (apta para todos os públicos). Casa da Cultura. 18 h. É necesario retirar previamente invitación de balde.

Cine: EL AMANECER DEL PLANETA DE LOS SIMIOS (non recomendada para menores de 12 anos). Casa da Cultura. 21 h.

Martes 30

Cine: RÍO 2 (apta para todos os públicos). Casa da Cultura. 18 h. É necesario retirar previamente invitación de balde.

Cine: X-MEN: DÍAS DEL FUTURO PASADO (non recomendada para menores de 12 anos). Casa da Cultura. 21 h.

Desde o departamento municipal de Cultura aseguran que esta programación abrangue a todos os sectores do municipio, así como as diversas disciplinas creativas, como son a música, o teatro, a fotografía ou o cine, e agardan que case unhas 3 mil persoas poidan gozar dos diversos espectáculos, exposicións e actividades.

3 de decembro de 2014 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.