publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

As obras da Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves poderán ser licitadas no primeiro trimestre de 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs NevesGaliciaLocal PortadaPontevedraSalvaterra de Miño
A-
A+
Europa Press

O Consello da Xunta aprobou este venres a reposición do réxime de condominio na Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves, coñecida como Plisan, co obxectivo de que as obras poidan ser licitadas no primeiro trimestre de 2015.

Desta forma, esta plataforma loxística volverá ser un proxecto participado por tres administracións, de forma que a Autoridade Portuaria de Vigo terá unha porcentaxe do 60,58%; o Instituto Galego da Vivenda e do Solo (IGVS) un 18,29%; e o Consorcio da Zona Franca de Vigo un 21,12%. Estes tres organismos teñen o compromiso de investir máis de 44 millóns de euros nos próximos catro anos.

O Goberno galego sostén que a reposición do réxime de condominio “supón desbloquear o proxecto destinado a dotar o sur da provincia de Pontevedra de chan industrial e loxístico e facilitar a actividade económica e produtiva”.

OUTROS ACORDOS

Por outra parte, o Consello da Xunta deste venres tamén autorizou o convenio de colaboración co Ministerio de Fomento e o Concello de Cambados para financiar as obras de remodelación do mercado e a lonxa vella neste municipio pontevedrés. A nova praza de abastos suma un investimento total de 3,6 millóns de euros.

Ademais, a Consellería de Medio asumirá o 100% do investimento necesario para dotar de saneamento ao núcleo rural de Requeixo, no municipio de Lourenzá, que supoñerá un gasto superior aos 300.000 euros.

26 de decembro de 2014 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.