publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

As aulas CeMIT de Ortigueira, Cerceda, A Fonsagrada, As Pontes e Verín conectarán con Papá Noel mañá a través de videoconferencia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA FonsagradaAs PontesCercedaOrtigueiraVerín
A-
A+

Desde o pasado día 11 e ata o 19 de decembro máis de 1.300 alumnos de educación infantil de 28 concellos de Galicia poderán realizar as súas peticións de Nadal a Papa Noel grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas galegas.

Mañá, martes 16, serán os escolares de Educación Infantil de Ortigueira, A Fonsagrada, As Pontes e Verín os que recibirán esta visita, a través das aulas CeMIT destes concellos. Este intercambio de mensaxes comezará a partir das 10 da mañá e ata as 13.00 horas, a razón de media hora en cada aula.

Por toda Galicia

Ata o 19 de decembro conectarán con Laponia as aulas de Guitiriz, Celanova, Xunqueira de Ambia, Beariz e Boborás Marín, Abegondo, A Estrada, A Fonsagrada, Verín, Quiroga, Santa Comba, Muros, Valga, Betanzos, Barreiros, Vimianzo, O Vicedo, Oroso, Ortigueira, As Pontes, Ferrol, Fisterra, A Cañiza, Carballedo, Ames, Cuntis e Castro Caldelas

Ademais dos alumnos de educación infantil dos diferentes colexios de Galicia, tamén terán a posibilidade de solicitar en directo os seus agasallos a Papá Noel o alumnado do Centro Pai Menni de persoas con discapacidade de Betanzos

O obxectivo desta actividade, que neste ano cumpre o seu 5º aniversario e que conta cun gran interese entre a comunidade educativa, será o de establecer unha comunicación fluida e cara a cara entre Papá Noel e os nenos destas comarcas, poucos días antes da Noiteboa, cando se atendan as peticións de agasallos de todos os nenos do mundo.

Con este tipo de experiencias, a rede CeMIT da Xunta de Galicia busca converter estas aulas multimedia en puntos de encontro dos municipios e dar a coñecer todas as posibilidades que ofrece este tipo de espazos de comunicación e a tecnoloxía da que dispoñen.

A Rede CeMIt

A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), está integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.

Ademais do Plan de Formación, a Rede CeMIT desenvolve campañas de sensibilización e divulgación da importancia e beneficios das TIC entre a cidadanía, empresas e outros colectivos coa organización de charlas e conferencias. Paralelamente, a maioría dos centros da Rede contan co servizo de “aula aberta”, que posibilita o acceso libre e de balde dos usuarios á utilización do equipamento co apoio e asesoramento dun axente especializado.

15 de decembro de 2014 | 11:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.