publicidade hoxe

Ampla programación de Nadal para os veciños de Ponteceso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonteceso
A-
A+

Concilia no Nadal:Os sábados de conciliación terán lugar en Ponteceso de 16:00 a 19:00 h, no Edificio das Escolas, os días 13,20,27 de decembro e o día 3 de xaneiro. O Campamento de Nadal desenvolverase en Corme e en Ponteceso os días: 22, 23, 26, 29,30 de decembro e o 2 de xaneiro en horario de 10:30 a 13:30 h en Corme,(pavillón) e de 10:00 a 13:00 h en Ponteceso (Edificio das Escolas).

Está dirixido a nenos e nenas do Concello de Ponteceso nados entre os anos 2003 e o 2010, ambos incluidos.

Cubrirase unha inscrición na oficina da educadora familiar. Prazas limitadas. Máis inf.:981 714000.Ext.52.

Xuntanza e Confraternidade das Escolas de Maiores de Ponteceso, Coristanco, Fisterra e Val do Dubra: o 17 de decembro ás 11:30 horas, no Salón de Actos do Edificio das Escolas.

Contos pola igualdade “O país dos mandóns”:O venres 19 de decembro ás 19:00 h no Edificio das Escolas (Ponteceso). Dirixido a público familiar.

Visita do Carteiro Realaos colexios: o día 18 no CRA e o día 19 no CEIP As Forcadas e no CEIP Eduardo Pondal para recoller as Cartas en galego aos Reis Magos que posteriormente lles serán contestadas.

XVIII Certame de Corais: celebrarase o sábado 20 de decembro ás 20:30 horas no Salón de Actos do Edificio das Escolas coa participación das corais do concello e cun grupo de cámara convidado.

Teatro no Nadal: o 27 de decembro ás 18:00 horas, no Salón de Actos do Edificio das Escolas, os nenos e nenas da Escola Municipal de Teatro interpretarán dúas pequenas obras para o noso goce.

Concerto musical “Cantigas da Estrela: o 29 de decembro no Museo de Arte Contemporánea de Corme ás 18:00 h e dirixido a público infantil e familiar.

Cine de Nadal: proxectaranse dúas películas, o 26 de decembro no pavillón municipal de Corme e o 2 de xaneiro no Edificio das Escolas de Ponteceso, ámbalas dúas ás 18:00 h e dirixidas a tódolos públicos.                                                                                                                                                                  

Cabalgata dos Reis Magos: o domingo 4 os Reis Magos visitarán as parroquias do Concello en tren ao longo do día recollendo as cartas dos nenos. Despois, o luns 5, de 16:30 a 20:30 horas no pavillón de Ponteceso espéravos unha Festa Real con inchables e degustación de chocolate e roscón.

12 de decembro de 2014 | 13:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.