publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta renovará a rede de abastecemento nas Vendas da Barreira en Riós

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiós
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a licitación do contrato de obras para a renovación da rede de abastecemento nas Vendas da Barreira, no Concello de Riós. Augas de Galicia, departamento da Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Infraestruturas, destinará un orzamento de 150.000 euros para a execución desta actuación hidráulica cuxo prazo é de tres meses.

As obras consistirán na renovación da rede de abastecemento, para o que se dividirá en dúas redes de distribución diferenciadas. A primeira discorre no lado oeste da autovía A-52, para o que se substituirá a actual rede por unha nova de polieteno nunha lonxitude total de máis dun quilómetro, en dous tramos diferenciados, un de case 450 metros e outro de 800 metros, ademais das válvulas necesarias.

A segunda das redes de distribución que se deseñaron neste proxecto de renovación instalarase na parte este do núcleo, ao longo dunha lonxitude de case medio quilómetro.

Os traballos rematarán coa reposición dos firmes afectados polas obras de renovación da rede de abastecemento proxectadas.

As empresas interesadas en presentar as súas ofertas a este contrato de obra pública dispoñen de prazo ata o vindeiro 9 de xaneiro de 2015.

9 de decembro de 2014 | 12:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.