publicidade hoxe

A Xunta realiza mañá un simulacro do Plan de emerxencias exterior de Foresa en Caldas de Reis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de Reis
A-
A+

A Xunta de Galicia ten previsto realizar durannte o día de mañá un simulacro do Plan de Emerxencia Exterior (PEE) da empresa FORESA, ubicada no concello de Caldas de Reis, no que farase soar a nova serea, que no caso dunha activación real do Plan, serviría como elemento de aviso á poboación que, como primeira medida, procedería o seu confinamento nas vivendas á espera de recibir instrucións por parte dos servizos de protección civil.

Este simulacro implica a participación dos diferentes grupos operativos, a propia empresa e as administracións públicas implicadas no caso dunha emerxencia. A realización deste exercicio servirá para mellorar a coordinación dos organismos participantes e permitirá que a poboación da zona de Caldas de Reis e Portas, afectada por un hipotético accidente, se familiarice co son da serea e sexa capaz de identificalo no caso de activación do plan de emerxencia exterior.

Máis alá desta sinal acústica e dunha maior presenza dos servizos de emerxencia e seguridade na zona próxima a planta de FORESA, a actividade dos veciños non se verá afectada en absoluto e poderán continuar coas súas rutinas.

Política de prevención

Desde a Xunta quérese destacar a importancia de apostar pola prevención, como mellor ferramenta de resposta ante as posibles emerxencias, liña na que se enmarcan os plans de emerxencia exterior elaborados polo Goberno galego.

O obxectivo dun PEE é determinar os posibles riscos das instalacións industriais e ter preparada a resposta axeitada para minimizar as consecuencias en caso de producirse un accidente que poda afectar as persoas e ó medio ambiente. A realización dos simulacros, permite a efectiva implantación dos plans e a súa mellora, a través das experiencias obtidas no desenvolvemento dos mesmos.

15 de decembro de 2014 | 13:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.