publicidade hoxe

A Xunta prevé licitar durante o ano 2015 o desdobramento do corredor do Morrazo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMoañaPontevedra
A-
A+
Europa Press

A Xunta de Galicia prevé licitar e contratar as obras do desdobramento do corredor do Morrazo (CG-4.1) durante o ano 2015, para o que iniciará no primeiro trimestre o procedemento para as expropiacións, segundo confirmou este luns a conselleira de Medio, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez.

En declaracións aos medios durante unha visita a un aparcadoiro disuasorio na zona de Broullón, en Moaña, a conselleira sinalou que o Goberno galego é “consciente” da importancia desta infraestrutura, e recoñeceu que as obras para desdobrar o vial (actualmente ten un carril en cada sentido) se farán “máis tarde” do desexado “por diferentes motivos”.

Non obstante, asegurou que, no primeiro trimestre de 2015 se iniciará o proceso para as expropiacións e que, ao longo do ano, se licitarán e contratarán as obras. A ese respecto, subliñou que os pouco máis de dous millóns de euros que se recollen no presuposto para esta obra son a “máxima garantía” de que se executarán os traballos e se poñerá en servizo o novo corredor.

Ethel Vázquez fixo estas manifestacións durante a súa visita ao aparcadoiro disuasorio de Broullón, que conta con 73 prazas, e que pretende facilitar un lugar de estacionamento para os veciños de Moaña que deixan os seus vehículos na zona para compartir coche e dirixirse a traballar a Vigo. A este aparcadoiro, sumarase proximamente outro na zona de Domaio.

29 de decembro de 2014 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.