publicidade hoxe

A Xunta adxudica na provincia de Ourense 37 vivendas de promoción pública

O Instituto Galego da Vivenda e Solo adxudicou un total de 37 vivendas de promoción pública nas localidades ourensás de Vilamarín, Carballeda de Avia, Carballeda de Valdeorras e Allariz. As listas estarán expostas nos taboleiros de anuncios do IGVS e dos correspondentes concellos, así como na web do IGVS (http://igvs.es/web/actuamos/719). Os interesados dispoñen dun prazo de quince días para a presentación de alegacións.

Vilamarín

No concello de Vilamarín adxudicáronse 23 vivendas que o IGVS está a construír na localidade, quedando dúas vivendas vacantes por falta de solicitantes. Esas vivendas serán adxudicadas a través dun novo procedemento que no seu momento iniciará a Comisión Provincial de Vivenda.

Todas as vivendas dispoñen de tres dormitorios.

O investimento total realizado polo IGVS na construción destas vivendas supera os catro millóns de euros.

Carballeda de Avia

No concello de Carballeda de Avia foron once as vivendas adxudicadas, nun procedemento que estivo aberto aos solicitantes deste concello e dos limítrofes de Avión, Beade, Leiro, Melón e Ribadavia.

Todas as vivendas dispoñen de tres dormitorios e superficie útil de entre 85 e 90 metros cadrados aproximadamente, con excepción dunha das vivendas, adaptada para o uso por persoas con mobilidade reducida, que dispón dunha superficie útil de 105 metros cadrados.

O IGVS investiu máis dun millón de euros nestas vivendas.

Carballeda e Allariz

Finalmente, adxudicáronse dúas vivendas no concello de Allariz e unha no de Carballeda de Valdeorras. En ambos casos trátase de vivendas que quedaran vacantes nun anterior procedemento de adxudicación.

16 de decembro de 2014 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.