publicidade hoxe

A Rosaleda patrocinará as categorías base das seleccións galegas de baloncesto

Sinatura do convenio

Sinatura do convenio

Francisco Martín, presidente da Federación Galega de Baloncesto, e Rafael Silva Agregán, director xerente da Rosaleda, asinaron este mércores un convenio de colaboración entre ambas as entidades mediante o cal o grupo hospitalario compostelán patrocinará as seleccións galegas das categorías cadete, infantil e mini, tanto masculinas como femininas.

O convenio, que ten vixencia por un ano prorrogable por outro, supón un paso máis na “estreita vinculación que A Rosaleda ten co baloncesto a través da Obra”, tal como explicou o seu director na firma. Rafael Silva mostrou a súa “satisfacción” porque a Federación Galega de Baloncesto pensase neles para este patrocinio e mostrou a súa disposición a “manter a colaboración no tempo” especialmente tendo en conta que se trata de “apoiar o deporte base”.

O hospital A Rosaleda xa estaba vinculado á Federación posto que é o centro onde se realizan os recoñecementos médicos aos federados, tal como lembrou o presidente da Fegaba, Francisco Martín, quen insistiu na necesidade de continuar con estas probas médicas “esenciais para todos os deportistas” e insistiu na necesidade de que “todas as entidades deportivas, e mesmo os pais, tomen conciencia da importancia destes recoñecementos e realícenos aos mozos deportistas”.

Martín agradeceu “a confianza e o apoio da Rosaleda e do seu director” e prometeu que “as súas expectativas non se verán defraudadas e que as seleccións galegas darán a talla, como fixeron nestes anos”.

10 de decembro de 2014 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.