publicidade hoxe

A parroquia de Anca organiza o seu primeiro Campionato de Futbolín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A parroquia nedense de Anca celebrará o seu primeiro Campionato de Fútbolín na modalidade parado (e segundo as normas LNF). Terá lugar o 10 de xaneiro, a partires das 19 horas no local social de Anca. Organizado pola entidade vecinal, a competición conta coa colaboración do Concello de Neda. O prazo de inscripción está xa aberto, na sede veciñal ou chamando aos teléfonos 695 120 730 (Esteban) e 607 675 338 (Pitu). O custe, por parella, é de 30 euros. A competición repartirá 730 euros en premios en metálico e tamén trofeos (sempre e cando se anoten un mínimo de 20 parellas).

9 de decembro de 2014 | 12:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.