publicidade hoxe

A mostra “Miradas 3” chega a Muxía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuxía
A-
A+

Este venres, 5 de decembro, ás 9 da noite inaugúrase a mostra MIRADAS 3, no Edificio de Servizos Múltiples de Muxía. A mostra é unha colectiva que reúne 34 artistas vinculados  uns con Carballo, e outros, con Muxía. Esta colectiva que pon en contacto artistas dos dous Concellos xa tivera dúas edicións anteriores, no ano 2012 en Muxía e no 2013 en Carballo. Este ano toca de novo ao Concello de Muxía ser o organizador.

Na mostra, que permanecerá aberta ata o 27 de decembro, participan os seguintes artistas: Adriana Díaz Iglesias, Alexandro, Ana García, Antonio Reino, Antonio Taracido, Antonk, C. Trillo, Chiña,Clara Toba,Cristina Castro Santiago, Detlef Kappeler, Emi de las Heras,Eva Facal , Fátima Fortea, Isa Fernández, Javier Toba, Jose Garrido, Juan Casares, Laura Tova, Milagros Cotelo, Mon Lendoiro, Mónica Noya, O Mighelo, Raúl Herrera, Santi Picos, Santiago Castro Taibo,Sar, Susana Llorente, Teresa Búa, Tomás Luna, Viki Rivadulla, Xabier de Lus, Xesús Búa, e Zizi

Na inauguración, aberta ao público,  haberá música das Abaladeiras de Muxía, e unha performance de Teresa Búa.

3 de decembro de 2014 | 11:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.