publicidade hoxe

A gala do piragüismo galego pecha a tempada premiando a Tono Campos e Ana Varela como os mellores padexeiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+
Premiados na Gala do Piragüismo Galego

Premiados na Gala do Piragüismo Galego

A gala do piragüismo galego e a asemblea da federación autonómica pechou de maneira oficial a tempada 2014 e iniciou a de 2015. Tono Campos e Ana Varela foron declarados os mellores padexeiros da campaña. Ademais, entregáronse outros galardóns e tamén os trofeos aos gañadores das distintas ligas galegas. Os clubs tamén foron informados as novidades para o próximo exercicio deportivo. A xornada celebrouse na Coruña.

Tono Campos, que tivo unha gran actuación no Mundial de maratón, foi o mellor padexeiro. Ana Varela, ausente da gala por estar concentrada en Sevilla coa selección nacional, foi declarada a mellor na categoría feminina. Rubén Millán foi a mellor promesa, mentres Roi Rodríguez, Luís Fernández e Cristian Silva recibiron o accesit como mellores promesas masculinas.

O mellor entrador foi declarado Manuel Pedrares, compoñente do Kaiak Tudense, club que tamén foi o mellor do ano. O Descenso do Sil foi a mellor regata e o a proba de kaiak de mar en Cambados tamén recibiu unha mención especial. Uxue Morado foi recoñecida como o premio á superación deportiva, Jesús Rodríguez pola súa traxectoria deportiva e o Congreso de Catoira o de mellor labor divulgativo. A Deputación da Coruña foi o mellor patrocinador e a Voz de Galicia como o mellor medio de comunicación.

A Superliga galega de pista gañouna o Club As Torres de Viquinga. Na liga autonómica de pista impúxose o Kaiak Tudense,na de ríos e travesías a Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra, o As Torres Romaría Viquinga triunfou na de promoción, o Vilaboa en vetranos e o Club de Piragüismo Cambados a de kaiak de mar.

O Club Náutico de Rodeira gañou a Copa Galega de kaiak polo impúxose o Náutico de Rodeira. O equipo c venceu na categoría masculina, o Penedo na feminina, o Combarro en sub-16 e o Copacabana en sub-21.

O Náutico de Rodeira impúxose na Superliga Galega de augas bravas, o mesmo que a Copa Galega de slalom. O Penedo foi o mellor na promoción de slalom e o Fluvial de O Barco no descenso.

Nas ligas provinciais, o Rías Baixas Náutico de Boiro foi o mellor na Coruña, o Fluvial en Lugo, o Fluvial de Allariz en Ourense e o Náutico O Muiño de Ribaduma na liga provincial de Pontevedra.

Alfredo Bea, presidente da Federación Galega de Piragüismo, presidiu a asemblea do ente autonómico. Na mesma informou as novidades para a próxima tempada. Vaise a desenvolver un novo programa para as distintas ligas galegas e tamén dos obxectivos que se desexan alcanzar, entre eles os deportivos e tamén da xunta directiva. O ano 2015 é preolímpico e varios padexeiros galegos teñen opcións de conseguir unha praza para participar nos Xogos Olímpicos de Brasil en 2016.

13 de decembro de 2014 | 22:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.