publicidade hoxe

A Escola de Música da Agrupación Musical de Goián ofreceu en Tomiño a súa audición de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+
Audición de Nadal en Tomiño

Audición de Nadal en Tomiño

A Escola Municipal de Música, celebrou a súa Audición de Nadal o venres pasado nas instalacións do Centro Goianés.

Na oportunidade, o alumnado interpretou diferentes pezas musicais nas especialidades impartidas: dende os máis pequenos, que asisten a Xardín Musical; Música e Movemento, ata os que estudan algunha das especialidades instrumentais (frauta, óboe, fagot, clarinete, saxofón, trompa, trompeta, trombón, bombardino, tuba, violoncello, percusión e instrumentos tradicionais galegos).

Entre os alumnos e alumnas atopábanse tamén os once novos compoñentes da banda da Agrupación Musical de Goián, que fixeran o seu debut no Concerto de Santa Cecilia.

A Agrupación Musical de Goián, dirixida por José Bugallo Senra, conta na actualidade con máis de 120 compoñentes de diferentes idades; ten unha ducia de profesores que imparten clases de vento-madeira, vento-metal, percusión e violonchelo a máis de 70 persoas; e ten dúas bandas de música: adultos (uns 45 compoñentes) e infantil (uns 25).

A banda ofrecerá o vindeiro domingo, 21 de decembro, o tradicional Concerto de Nadal, na Igrexa Parroquial de Goián, ás 18.00 horas.

15 de decembro de 2014 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.