publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación investirá 88.000 euros no acondicionamento da estrada de Aranga a Verís

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaArangaIrixoa
A-
A+

O presidente da Deputación, Diego Calvo, vén de asinar nos últimos días un convenio de colaboración cos alcaldes de Aranga e Irixoa, Alberto Platas Álvarez e Antonio Deibe Sanmartín, para mellorar a estrada que vai de Aranga a Verís, xa no municipio de Irixoa. 

A Deputación achegará un total de 88.055,50 euros para asumir en solitario o proxecto, que consiste no acondicionamento total e mellora da capa de rodadura da estrada que comunica ambas as dúas localidades. Así, as obras incluirán traballos de limpeza, nivelación e rasanteo da estrada, así como a limpeza e apertura de cunetas en ambas as dúas marxes. Tamén se procederá ao perfilado de taludes, a formación de beiravías e, por último, inclúese a aplicación da mestura asflática e o rego de imprimación.

Este proxecto segue a filosofía da Deputación, non só de axudar a cada concello e aos seus veciños, senón de facelo do xeito máis eficiente posible. Así, neste caso, unha soa reforma favorecerá a dous municipios distintos e, polo tanto, chegará a máis persoas, cuestión que foi salientada polo presidente provincial no momento da sinatura.

10 de decembro de 2014 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.