publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra saca a concurso a construción dun centro de servizos e apoio empresarial no polígono de Barro-Meis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarroLocal PortadaMeisPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra convocou a contratación dunha obra para construír, por un importe de 898.640 € e nun prazo de execución de once meses, un centro de servizos e apoio empresarial nunha parcela de 5.136 m2 do polígono industrial de Barro-Meis.

Unha vez adxudicado o viveiro de empresas, que acollerá novos emprendedores no parque industrial, e unha vez que o polígono acadou unha porcentaxe de ocupación do 50 %, a Deputación quere complementar o desenvolvemento urbanístico do parque cun centro de servizos e apoio ás empresas instaladas que, ó tempo, conte con novos espazos para a organización de reunións, oficinas, salas, auditorio, servizo de restauración ou cafetería.

O novo centro será un edificio de planta baixa, primeira e baixo cuberta. Na planta baixa situaranse unha cafetería, servizos e oficinas; na primeira, un espazo para auditorio e salas multiusos, ademais de almacéns e outras dependencias; na planta baixo cuberta irán os cuartos precisos para o funcionamento e localización das instalacións.

A edificación terá unha forma baseada en volumes ortogonais, cunha superficie útil próxima ós 1.200 m2.

Cuberta do Pazo provincial

Doutra banda, a Deputación convocou un concurso para realizar obras de conservación na cuberta do Pazo provincial por importe de 164.459 € e un prazo de execución de 120 días.

10 de decembro de 2014 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.