publicidade hoxe

A Confraría da Virxe do Mar realizará unha recollida de alimentos en Cedeira a favor de Cáritas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

A Confraría da Virxe do Mar de Santa Ana levará a cabo este sábado, 13 de decembro, unha recollida de produtos alimenticios a favor de Cáritas. Uns quince membros da cofradía participarán na iniciativa solidaria durante toda a xornada. Así, perfectamente identificados desprazaránse aos supermercados para solicitar as donacións de veciños e turistas e, ao mesmo tempo, instalarán pequenas caixas para o depósito dos alimentos no pequeno comercio local. Será a segunda ocasión no que vai de ano na que a cofradía realice esta iniciativa, que obtivo moi bos resultados en anos pasados. Dende o colectivo agradécese a colaboración e solidariedade da cidadanía e invítase a reeditala este sábado.

10 de decembro de 2014 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.