publicidade hoxe

A biblioteca de Sober convoca o certame de poesía e postais ‘Nadal 2014’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

A Biblioteca Pública do Concello de Sober vén de convocar o certame de poesía e postais ‘Nadal 2014’ cun único tema xeral para todos os traballos: o Nadal.

Os interesados e interesadas en participar no certame poderán facelo a través de tres categorías: ata os 8 anos, de 9 a 11 anos e a partir de 12 anos.

Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas deberán estar escritos en lingua galega e a extensión non debe superar un folio por unha soa cara. O tamaño para as postais é libre. Cada traballo debe levar consigo unha folla na que se anoten os datos do autor ou autora.

Os traballos poden entregarse na Biblioteca Pública ata o 22 de decembro. Os premios consistirán nun diploma e un lote de libros. A entrega levarase a cabo o día 9 de xaneiro.

9 de decembro de 2014 | 11:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.