publicidade hoxe

Xornada de portas abertas na Escola de Atletismo de Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

Ensinar e dar a coñecer o atletismo é o obxectivo que vai perseguir este próximo sábado a Escola de Atletismo de Cabanas coa celebración dunha Xornada de Portas Abertas. A partir das once da mañá e no marabilloso entorno do Piñeiral da Madalena, os monitores e profesores desta nova actividade municipal ofertaran ós que se acheguen unha ampla oferta de actividades para que se poidan coñecer de primeira man as diferentes disciplinas do atletismo como lanzamentos de xabalina ou peso, salto de lonxitude, probas de velocidade, etc. En caso de que o tempo non acompañe, as xornadas trasladaranse ó Pavillón Municipal de Porto.

Buscase con esta actividade achegar ó atletismo dunha forma divertida e amena, que permita conxugar unha actividade saudable como é esta cun entorno natural privilexiado como o Piñeiral da Madalena.

Inda que esta xornada está máis enfocada ás categorías menores de alevín, infantil e cadete, tamén se recibirán encantadas a todas as persoas independentemente da súa idade, facendo grupos adecuados para que todos poidan gozar deste deporte coas súas disciplinas variadas. Tomás Pérez, adestrador do Ría de Ferrol, Ero Doce, recoñecido atleta da zona e Luz Cercido, atleta e monitora de diferentes actividades será on encargados de dirixir as distintas actividades que se van organizar.

18 de novembro de 2014 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.