publicidade hoxe

Xantar de Nadal en Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

Un ano máis o Concello de Cabanas por medio da súa Concellería de Servizos Sociais vai organizar o seu tradicional xantar de Nadal. Unha ocasión na que se aproveita para estreitar os lazos interparroquiais e mellorar a convivencia veciñal de Cabanas. Búscase a través desta iniciativa fomentar as relacións entre os veciños e veciñas de Cabanas, que nunha datas tan especiais como estas do Nadal aproveitan para celebrar a chegada dun novo ano.

A data escollida para a realización deste Xantar de Nadal será o vindeiro 12 de decembro, a partir das 14:00 horas e vaise dispoñer dun servizo de transporte interparroquial gratuíto para os asistentes. Os interesados en formalizar a súa inscrición ou en recadar máis información terán de prazo ata o próximo 10 de decembro, tendo que poñerse en contacto cos Servizos Sociais do Concello de Cabanas.

Como xa se fixo anteriormente o Concello de Cabanas vai facer unha distinción especial tanto para o asistente de maior idade presente no xantar como para o matrimonio que máis anos leve xunto.

19 de novembro de 2014 | 13:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.