publicidade hoxe

Xa está en marcha a I A Lanzada Ocean Race

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaO Grove
A-
A+

A I A Lanzada Ocean Race xa está en marcha. Disputarase o día seis de decembro, sábado, a partir das once da mañá, e será unha das probas máis importantes dentro da modalidade de kaiak de mar. O período de inscrición xa está aberto e é necesario ter máis de 16 anos para poder participar.

A regata preséntase apaixonante polo enclave no que se vai a realizar. Haberá dous percorridos, un de quince quilómetros para as modalidades SS1 e SS2, e outro de sete para Sup Race. As primeiras embarcacións son as tradicionais, mentres nas segundas utilízase unha táboa de surf. O deportista ten que ir de pé coa súa pa.

O prezo da inscrición é de dez euros e aqueles que teñan licenza da Federación Galega de Piragüismo dispoñen dun desconto. Tamén se ofrece a posibilidade de alugar o material necesario para afrontar a competición.

Esta iniciativa deportiva está apoiada pola Federación Galega de Piragüismo, Tartarufa Suf, o Concello do Grove, Nelo e RDD. As insripciones pódense realizar a través da páxina web fegapi.org

27 de novembro de 2014 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.