publicidade hoxe

Uns 250 karatekas participaran no “XIV Open de Karate Cidade de Ferrol”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaFerrol
A-
A+

A concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martinez Galdós, e o director técnico do Club Bunkaisport, Carmelo Teijeiro, presentaron hoxe o XIV Open de Karate Cidade de Ferrol, que se celebrará o vindeiro domingo 30 no pavillón municipal de Esteiro. Este evento deportivo está organizado polo Club Bunkaisport e conta coa colaboración do Concello de Ferrol e da Federación Galega de Karate.

Un total de 250 deportistas, pertencentes a dezaoito clubs de Galicia e Portugal, se darán cidade neste campionato que se disputará nas modalidades de Kumite e Kata individual masculino e feminino. A edil Susana Martínez quixo agradecer un ano máis a organización por parte do Bunkaisport desta competición e destacou que “o karate está dando un salto cualitativo nos últimos anos na nosa cidade”.

O XIV Open de Karate Cidade de Ferrol comezará ás 10:00 horas coas modalidades de kata individual, nas categorías de benxamín mixo, alevín, infantil, xuvenil e cadete junior tanto masculino como feminino. Posteriormente, ás 12:00 horas está previsto que se realicen as finais e a entrega de trofeos da modalidade de kata para dar comezo o Open Absoluto de Kumite. Así mesmo, o director técnico do club organizador, Carmelo Teijeiro, destacou a participación de competidores de nivel europeo e nacional.

26 de novembro de 2014 | 12:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.