publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha embarcación de pesca resulta afectada por un raio en Camariñas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCamariñasPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un barco de pesca resultou afectado polo impacto dun raio mentres faenaba en augas próximas á localidade coruñesa de Carmariñas.

Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 14.15 horas deste venres, cando un raio alcanzou á embarcación que faenaba na costa coruñesa.

Ata o lugar do suceso desprazáronse efectivos de Salvamento Marítimo e de Gardacostas de Galicia. Os tripulantes non sufriron ningún dano, aínda que o pesqueiro sufriu danos materiais na súa estrutura. A embarcación puido regresar a porto polos seus propios medios.

14 de novembro de 2014 | 20:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.