publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un traballador da residencia de Guntín dá positivo por lexionela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuntínPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un traballador da residencia da terceira idade de Guntín (Lugo) San Salvador deu positivo por lexionela, pero non necesitou hospitalización, mentres dous anciáns deste centro privado permanecen no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) afectados o brote desta bacteria.

Segundo o parte hospitalario facilitado este xoves, no que respecta á residencia de Guntín atópanse hospitalizados dous pacientes, que “evolucionan favorablemente”.

Até o momento, neste centro foron catro casos os que deron positivo pola bacteria, dos cales dous recibiron a alta e dous permanecen hospitalizados.

Pola súa banda, da residencia pública de maiores das Gándaras este xoves seguen ingresados no HULA catro pacientes que tamén “evolucionan favorablemente”, segundo o último parte médico.

Así, produciuse a alta doutros dous pacientes hospitalizados que pertencían a este centro de maiores de Lugo, no que se rexistraron oito positivos -catro deles xa dados de alta e outros catro que continúan hospitalizados-.

20 de novembro de 2014 | 14:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.