publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un motorista falece tras sufrir unha saída de vía en Patón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPantónPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un motorista resultou falecido na tarde deste venres na localidade lucense de Pantón, tras sufrir un accidente e sairse da vía pola que circulaba.

Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso aconteceu pouco antes das 17.45 horas na estrada que une Escairón e Monforte, na parroquia de Mañete. As testemuñas do accidente informaron de que o motorista perdeu o control do vehículo e saíuse da estrada.

Ata o lugar do suceso desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, así como o helicóptero medicalizado do 061 con base en Ourense que, non obstante, non puido facer nada por salvar a vida da vítima, que faleceu no lugar do sinistro.

7 de novembro de 2014 | 20:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.