publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un cazador dispara a outro na cabeza ao confundilo cun animal no concello ourensá de Xinzo de Limia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurensePortada dereitaSucesosXinzo de Limia
A-
A+

Un cazador disparou a outro na cabeza ao confundilo cun animal, en Xinzo de Limia (Ourense), sobre as 11,55 horas deste domingo. En concreto, o cazador que recibiu o disparo, na parroquia de Cima de Ribeira, está ferido.

   Segundo os datos do CAE 112 Galicia, recollidos na súa páxina web, o cazador foi alcanzado na cabeza polo disparo doutro cazador, que os confundiu cun animal cando se atopaba escondido entre a maleza.

   O ferido, segundo indicou o CAE 112, foi trasladado á PAC de Xinzo de Limia e, por agora, descoñécese o estado do accidentado. Até o lugar do suceso, trasladáronse Urxencias Médicas e a Garda Civil de Ourense.

30 de novembro de 2014 | 20:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.