publicidade hoxe

Touro inaugura o vindeiro sábado 22 de novembro a nova Casa da Cultura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

O Concello de Touro inaugurará o vindeiro sábado  22 de novembro, día de Santa Cecilia, a súa nova Casa da Cultura. O concerto inaugural correrá a cargo dos mozos de Touro compoñentes da Banda de Música Isabel II de Touro. Ese mesmo día está prevista a entrega de premios e exposición do Concurso de Fotografía Touro en Imaxes. Tamén poderá verse no novo edificio a exposición Os xenerais da Ulla, que tras percorrer varios concellos chega a Touro. Clausurará a xornada de inauguración a partir das 19.00 horas un concerto que correrá a cargo do grupo de rock The Cerne.

Chega por fin o ansiado día de inauguración da Casa da Cultura de Touro. O investimento total do proxecto sumou ao redor de 275.000 euros. O novo inmoble, que se localiza na área de servizos de Fonte Díaz onde tamén están os campos de xogo e a piscina, ten unha superficie de 500 metros cadrados e consta dun salón de actos multiusos e dunha sala de instalacións para a realización de actividades de tipo cultural. Tamén conta con zona de oficinas.

A delegada Territorial da Xunta, Belén do Campo, e o alcalde de Touro, Ignacio Codesido, asinaron o pasado mes de outubro a acta de conformidade para a concesión da subvención destinada á construción da Casa da Cultura de Touro. O edificio xa está listo para o goce de todos os veciños e veciñas.

18 de novembro de 2014 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.