publicidade hoxe

Tordoia inicia unha campaña de recollida selectiva do lixo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTordoia
A-
A+

O concello de Tordoia acaba de poñer en marcha unha campaña informativa sobre a recollida selectiva do lixo e pide a colaboración e o apoio de todos para que sexa un éxito e lograr os obxectivos que se pretende acadar: beneficiar ao medio ambiente e tamén abaratar os custos do tratamento do lixo en SOGAMA. 

Por iso, os veciños están a recibir este días unha carta do concello cun folleto informativo onde se dan as pautas para realizar unha correcta separación dos residuos e o depósito dos mesmos nos distintos contenedores. 

Tamén está o concello ampliando o número de contenedores para poder contribuír a este cometido.

6 de novembro de 2014 | 20:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.