publicidade hoxe

Segunda semana de presentacións na misión C.R.D.O. Ribeiro en Porto Rico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorOurenseRibadavia
A-
A+

Porto Rico, un dos países mais importantes do mundo en consumo de viño, degustou os viños das bodegas VIÑA COSTEIRA, ALANÍS, TERRA DO CASTELO, FINCA VIÑOA, CASAL DE ARMÁN e RAMÓN DO CASAR, sorprendendo gratamente pola alta calidade dos viños de esta Denominación de Orixe, e destacando os importadores e distribuidores convocados as súas composicións, con uvas autóctonas da rexión, tanto nos seus mono varietais Treixadura, Godello ou Albariño, como nas súas mesturas tradicionais, buscando a redondez e complexidade aromática unindo as valoradas variedades de Loureira, Lado, e Torrontés. Houbo tamén espazo para causar impacto con algún dos tintos do Ribeiro, e mais o viño Tostado do Ribeiro, un viño que pola súa exclusividade, calidades organolépticas e de produción, é moi valorado en todo o mundo.

Tres intensas xornadas, onde as bodegas tomaron todo o protagonismo, mostrando os seus viños con D.O. Ribeiro; a súa gran calidade, complexidade e elegancia, marabillaron aos representantes do sector profesional asistente; importadores, distribuidores, e prensa especializada. Os representantes das bodegas comprobaron persoalmente, como os seus viños superaron todas as expectativas, provocando alto interese entre os importadores que se mostraron dispostos a enriquecer os seus portfolios cos viños da D.O. Ribeiro que foron presentados. Una intensa axenda de entrevistas levada a cabo polo Presidente e o xerente do C.R.D.O. Ribeiro, D. Miguel Ángel Viso y D. Roberto Goñi, a semana previa, deu os seus froitos, e ata 150 profesionais do sector asistiron a comprobar a calidade, historia e diferenciación dos viños da D.O. más antiga de Galicia, no Salón Ocean View, do Hotel San Juan Beach, da capital portorriqueña, onde levouse a cabo a devandita presentación.

Por parte do C.R.D.O. Ribeiro, valorouse a experiencia como moi positiva, xa que coa axuda da Cámara Oficial de Comercio de España en Porto Rico, e dous meses de traballos previos, convocouse, e recibíronse as visitas de todos os actores principais do mercado de negocios do viño en este país, ademais de manter reunións cos medios, e outros actores importantes do mundo económico e social portorriqueño. Pola importancia estratéxica de este mercado, e o seu alto nivel de cultura vitivinícola, o Consello Regulador considera manter a estratexia de éxito en este mercado grazas ao IGAPE, apostando forte pola introdución da marca Ribeiro nun mercado que será eixe inicial da estratexia de desenvolvemento para Caribe, Centro América e mais Estados Unidos. As próximas accións, xa en 2015, desenvolveranse en xaneiro, abril e xuño como ampliación a xa iniciada campaña, e con o obxectivo de consolidar os acordos de importación e distribución.

28 de novembro de 2014 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.