publicidade hoxe

Santi Malvar e Alex Vidal participarán no Europeo de Parataekwondo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

Belek (Turquía) acollerá o 27 de novembro a terceira edición do Campionato de Europa de Parataekwondo, coa participación dos galegos Santi Malvar e Alex Vidal. Alex Vidal (Natural Sport Videlgi, 58 quilogramos) e Santi Malvar (Mace Sport, 75 quilogramos) esperan repetir éxitos a nivel internacional, xa que ambos contan cun gran curriculum deportivo. Alex Vidal logrou o título de campión de Europa en Moscú no ano 2011, e o pasado ano Santi Malvar foi prata e Alex Vidal bronce. Ademais, nos Mundiais Alex xa leva dous títulos (2012 e 2013) ás súas costas, mentres que Santi logrou unha medalla de bronce no Mundial 2012.

25 de novembro de 2014 | 12:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.