publicidade hoxe

Salvemos Cabana mantén unha reunión co deputado de AGE, Antón Sánchez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabana de Bergantiños
A-
A+
Un instante da reunión

Un instante da reunión

O encontro tivo lugar na tarde do mércores nas oficinas do grupo no Parlamento de Galicia, analizando durante máis dunha hora a situación actual do proxecto minero de Corcoesto, o estado da súa licenza ambiental e as novas iniciativas previstas para lograr a prohibición do cianuro en tecnoloxías mineras a nivel galego e europeo.

Na reunión valorouse o informe remitido recientemente á asociación pola Oficina do Valedor do Pobo, no que o Alto Comisionado confirma que no caso de que Edgewater pretenta retomar o proxecto “a única posibilidade é a presentación dunha nova solicitude” na que “mesmo se a empresa pretende presentar un mesmo proxecto, as consecuencias xurídicas serían idénticas, posto que o anterior foi formalmente rexeitado por razóns de fondo”, o que apunta á posibilidade de que a DIA do proxecto de Corcoesto podería chegar a ser finalmente invalidada.

PROHIBICIÓN DO CIANURO

Doutra banda, abordouse o problema do cianuro en minaría e a loita contra o emprego deste reactivo logo da recente prohibición do Parlamento de Eslovaquia o pasado mes de setembro, que se une así a outros países europeos como República Checa ou Hungría que non autorizan o uso deste perigoso composto químico.

O 5 de maio de 2010, o Parlamento Europeo aprobou a resolución P7 TA(2010)0145, de “Prohibición do uso das tecnoloxías mineiras a base de cianuro” que supuxo un fito fundamental para o avance cara á súa total prohibición en todo o territorio da Unión Europea, pois dende entón se fomentou a aparición de numerosas iniciativas sociais e políticas dende países como Grecia, Romanía, España, Francia, Bulgaria ou Finlandia.

O texto aprobado recoñece ao cianuro “é unha substancia química altamente tóxica” que na Directiva Marco da Auga (2000/60/CE) está clasificado “como un dos principais contaminantes” e pode ter “un impacto catastrófico e irreversible na saúde humana e o medio ambiente e, por ende, na diversidade biolóxica” e que “un fallo no seu transporte e almacenamento pode ter consecuencias catastróficas”.

Por iso, “pide á Comisión e aos Estados membros que non presten apoio, de forma directa ou indirecta, a ningún proxecto mineiro na UE en que se empreguen tecnoloxías mineiras a base de cianuro, ata que sexa aplicable a prohibición xeral, nin avalen proxectos desas características en terceiros países”.

VALORACIÓN MOI POSITIVA SOBRE O CAMBIO DA LEI PARA REGULAR A CADUCIDADE DOS DEREITOS MINEROS

Finalmente, a asociación congratúlase da enmenda rexistrada polo PPdG á Lei de Medidas Fiscais e Administrativas, que cede a tremenda presión social, e que modifica a normativa mineira regulando a caducidade dos dereitos o que supón que trala denegación da autorización de explotación para calquera proxecto, os dereitos mineros cancélanse automáticamente e que supoñería no caso da transnacional canadiense Edgewater en Corcoesto a perda de facto dos dereitos de explotación, e sen dúbida un desexable final para o proxecto industrial máis cuestionado na historia recente de Galicia.

6 de novembro de 2014 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.