publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Prisión para o home detido en Negreira por violar durante anos á súa filla e fillastras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNegreiraPortada esquerdaSucesos
A-
A+
Europa Press

A responsable do xulgado de Negreira (A Coruña) decidiu enviar a prisión ao home detido pola Garda Civil acusado de violar durante varios anos á súa filla e ás fillas da súa parella, da que agora está en trámites de separación.

Segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o home ingresará en prisión por tres delitos de agresión sexual, “sen prexuízo do que ao longo da instrución se pescude”.

O home, natural de Santa Comba, foi detido este xoves despois de que a nai das nenas interpuxese unha denuncia ante a Garda Civil informando os feitos. Segundo fontes da Garda Civil, a muller tería coñecemento dos feitos despois de iniciar a separación do seu marido.

A xuíza chamou a declarar ao home a mesma xornada do xoves aínda que, á espera de realizar máis pescudas sobre o caso, foi prorrogada a súa detención até este venres, cando volveu a pasar a disposición xudicial.

28 de novembro de 2014 | 16:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.